Os resultados de Stellantis, por Venancio Salcines
Os resultados de Stellantis, por Venancio Salcines
A compañía conseguirá preto de 17.000 millóns de beneficio e unha facturación de cento oitenta mil millóns de euros
O qué e bo para Stellantis e bo para Galicia.
O que é bo para Stellantis adoita ser bo para Vigo e, por extensión, para Galicia. Carlos Tavares, o directivo portugués que goberna con evidente acerto a compañía italofrancoamericana, anunciou os resultados da empresa.
A compañía chegará aos preto de 17.000 millóns de beneficio e unha facturación de cento oitenta mil millóns de euros. É dicir, é capaz de dar uns beneficios de practicamente o dez por cento do que factura. Falamos, por tanto, dunha compañía rendible e con moito futuro por diante, a pesar da inquedanza da guerra de Ucraína e da crise dos semicondutores.
Para o resto da industria tampouco será o 2022 mal ano, con todo e que a maioría, nesta data, aínda non presentaron resultados. O casl non quere dicir que aquí, en Galicia debamos baixar a garda. España, a pesar de ser líder mundial da automoción, non deixa de ser un pais de ensamblaxe. Os deseños e as tomas de decisións adóptanse fóra das nosas fronteiras, o cal obriga a facer as cousas ben ou mellor.
A electrificación do sector
Por todos é sabido que o vehículo eléctrico require de menos man de obra que o convencional. E tamén todos sabemos que Europa pasa por unha fenda demográfica e outra cultural. A primeira é sinxela de entender, a outra é un pouco mais complexo. As novas xeracións están a usar menos o vehículo no uso urbano e para o periférico ou o de longa duración utilizan outros medios de viaxe. Polo tanto, o vento de cola non é positivo para a industria, e cando así pasan as cousas toca mimar e blindar as fabricas que operan no teu territorio.
Stellantis aínda non ten a súa posición asegurada no novo PERTE. É certo que xa ten acceso á rede de alta tensión, o cal ten a súa importancia pero non é o premio gordo. A sociedade viguesa ata que Stellantis non teña claros e socializados os seus plans de investimento futuro en Galicia debería estar preocupada, e estes están vencellados co novo PERTE. Polo tanto, aí debería estar toda a nosa actuación política, apertando para que Moncloa non se esqueza da automoción galega.