Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os retos dos sectores forestal, cárnico e das renovables debátense no Encontro de Sober

Os retos dos sectores forestal, cárnico e das renovables debátense no Encontro de Sober

Destacan a importancia de aproveitar os recursos naturais

Poñen a ollada nas enerxías renovable como xeradoras de riqueza e emprego

G24.gal 10/05/2024 08:19 Última actualización 10/05/2024 14:57

Ninguén discute no encontro de Sober o gran potencial co que conta o rural galego. Recursos naturais tradicionais como a castaña son un bo exemplo. Un produto con presente e moito futuro.

"Galicia produce máis do 50% da castaña de España e máis do 70% da castaña que producimos fai fóra de Galicia. É un sector en auxe que chega a máis de 30 países", explica Xesús Quintá, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia.

Destacan outros recursos naturais, como a madeira ou a auga, como xeradores dunha industria sostible, de riqueza e emprego.

"Unha masa forestal que pode estar vinculadas á enerxía como son as plantas de biomasa, tamén hai moitas oportunidades vinculadas á enerxía eólica e tamén incluso os proxectos que hai de batería naturais como son as plantas de bombeo", sinala Víctor Ledo, secretario xeral de CCOO de Industria de Galicia.

Din que o diálogo a tres bandas entre a Administración, a industria e o rural son claves para avanzar e asentar poboación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade