Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os santos viaxaron polo río na festa de Castrelo de Miño

Os santos viaxaron polo río na festa de Castrelo de Miño

A particular procesión ten 20 anos de antigüidade

O San Roque e a Virxe volverán navegar o vindeiro ano

Andrés Pavón/Antonio Outumuro 16/08/2024 14:05 Última actualización 16/08/2024 14:12

Protexer do sol as imaxes antes de embarcalas é un requisito obrigado. Despois, deixar bendicido o río e ofrecer unha forma de devoción diferente da habitual son os obxectivos da procesión do San Roque, que leva as imaxes do santo e da Virxe polo río Miño no encoro de Castrelo.

Os fregueses acompañan tanto o embarque como o desembarque e destacan que estas cousas só se poden ver aquí.

"Vén moita xente da contorna porque isto é algo que gusta moito e non é habitual"; "Unha marabilla ver os santos polo río e isto cheo de xente"; "Sorprendeume porque en Valencia nin río temos".

A travesía fluvial dura algo máis de 15 minutos e os fregueses observan dende as beiras. Esta particular procesión lévase celebrando dende hai 20 anos e mesmo se mantivo durante a pandemia.

Cada ano colle máis pulo e atrae máis veciños de toda a contorna e mesmo turistas. A devoción polo San Roque é moi grande e ninguén quere perder a ocasión de acompañalo cando finalmente sae do río. 

"Traballamos todo o ano para que isto non se perda e contamos con todos os veciños", di David Rodríguez, da comisión de festas.

"Vin botar unha man de casualidade, pero gustoume moito".

Unha vez rematada a festa, as imaxes serán devoltas ao templo ata que o vindeiro ano volvan saír para navegar as augas do río Miño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar