Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os seis Leopard españois xa chegaron a un porto polaco e viaxan por tren a Ucraína

Os seis Leopard españois xa chegaron a un porto polaco e viaxan por tren a Ucraína

A Ministra de Defensa anunciouno tras o encontro cos seus homólogos Alemaña e Francia para impulsar o novo avión de combate europeo

G24.gal 28/04/2023 15:13

España, Francia e Alemaña acaban de asinar o contrato do Futuro Sistema Aéreo de Combate. Os ministros de Defensa dos tres países coincidiron en que é o maior proxecto militar posto en marcha en Europa. O proxecto, acordado en decembro, quere desenvolver un avión de combate de última xeración. A empresa española Indra ocuparase dos sensores do novo caza, previsto para 2040.

Margarita Robles dixo que o proxecto demostra a importancia da Europa da defensa, máis necesaria tras a guerra de Ucraína, e lembrou o compromiso español co país. "Implicámonos abertamente na defensa de Ucraína. Esta mañá chegaban a un porto de Polonia os seis Leopard 2A4 que foron reparados por España. Hoxe inician o camiño por ferrocarril para chegar a Ucraína".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade