Os sindicatos convocan unha manifestación en Vigo para denunciar as cifras "inadmisibles" de sinistralidade laboral

Chaman ás administracións a que actúen para garantir a seguridade dos traballadores
Hai anuncio de mobilizacións en Vigo. Os tres sindicatos maioritarios convocaron unha manifestación o próximo xoves para denunciar a sinistralidade laboral. CIG, Comisións Obreiras e UXT cren que a cifra de falecidos este ano é inadmisible, e chaman ás administracións a que actúen para garantir a seguridade dos traballadores.
"Sete mortos na provincia de Pontevedra, e nove mortos en toda Galicia. Consideramos que isto é inadmisible, e detectamos fallos moi graves na prevención e unha desidia nas administracións públicas", lamentou o secretario de CIG-Industria en Vigo.