Os sindicatos da conserva avisan de que ampliarán as mobilizacións se a patronal non volve á negociación
Os sindicatos da conserva avisan de que ampliarán as mobilizacións se a patronal non volve á negociación
Os sindicatos da conserva avisan de que ampliarán as mobilizacións se a patronal non volve á negociación
O sector intenta acordar un novo convenio colectivo para os próximos tres anos
Os sindicatos da conserva reúnense este mediodía para avaliar as xornadas de folga da semana pasada e estudar unha posible ampliación das mobilizacións. O sector intenta acordar un novo convenio colectivo para os próximos tres anos.
As protestas dependerán de se a patronal volve sentar á mesa de negociación, tras decidiren os empresarios que o falado anteriormente non vale e hai que empezar de cero.
Rosa Abuín, representante da CIG nas negociacións, así o aseguraba esta mañá nunha entrevista no Galicia por diante da Radio Galega. Segundo avisaba, terán que "facer un calendario para seguir coas mobilizacións porque a patronal non nos deixa outra alternativa".
"Hoxe luns quedamos precisamente de xuntarnos as tres centrais sindicais para valorar o que foi a folga do día tres e do día catro e se non hai unha convocatoria de mesa de negociación, evidentemente nós teremos que facer un calendario, unha folla de ruta para seguir coas mobilizacións porque a verdade neste momento a patronal non nos deixa outra alternativa", sinalou Abuín.