Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os sindicatos levarán ao xulgado a "inadecuada aplicación" do acordo educativo asinado coa Xunta

Os sindicatos levarán ao xulgado a "inadecuada aplicación" do acordo educativo asinado coa Xunta

Din que se cumpre nun 80 por cento, pero falla na aplicación da redución de ratios nas aulas e no apoio ás necesidades especiais

G24.gal 27/09/2024 13:51

Os sindicatos que asinaron o acordo educativo coa Xunta hai un ano fan balance da súa aplicación. Din que se cumpre nun 80 por cento, pero falla na aplicación da redución de ratios nas aulas e no apoio ás necesidades especiais. "Máis da metade da inadecuada aplicación do acordo dase nas ratios mixtas. Se se aplica axeitadamente, o acordo suporía finalmente un incremento nun ano de case mil docentes", asegura Borja Campos, de CCOO.

Ameazan con recorrer aos tribunais para que se cumpra o documento, que consideran moi beneficioso para o ensino galego. "Se non hai una cambio importante de rumbo tomaremos as medidas xudiciais que consideremos oportunas. O que non imos facer as tres organizacións é deixar que este acordo tan imporante decaia", advirte Julio Díaz, de Anpe Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade