UXT e CCOO preparan protestas para esixir subas salariais fronte a inflación
UXT e CCOO preparan protestas para esixir subas salariais fronte a inflación
O 7 de outubro haberá concentracións diante das sedes das patronais; o 3 de novembro, unha gran manifestación en Madrid
A situación para os sindicatos pinta mal respecto á negociación coa CEOE. As conversas están rotas, asegura Pepe Álvarez, secretario xeral da UXT. Así que a forma de meter presión para retomar a negociación é co anuncio das mobilizacións. "O conflito pode ir medrando", di Unai Sordo, secretario xeral de Comisións Obreiras.
Por iso, UXT e Comisións Obreiras consideran urxente que as consecuencias da inflación se teñan en conta en todas as negociacións, que se distribúan as cargas e aumenten os salarios.
Piden ás organizacións empresariais que non bloqueen os procesos de diálogo social nin a negociación colectiva. E esixen ao Goberno medidas que freen o aumento dos prezos e aposten pola suba do salario mínimo.
E anuncian un calendario de mobilizacións que comezará o sete de outubro con concentracións diante das sedes das patronais e rematará cunha gran manifestación en Madrid o tres de novembro.