Publicador de contidos
Publicador de contidos

A militancia socialista elixe o seu secretario provincial en Ourense

A militancia socialista elixe o seu secretario provincial en Ourense

Rafael Rodríguez Villarino aspira á reelección no cargo

O alcalde do Barco de Valdeorras compite por arrebatarlle o posto 

Rafael Rodríguez Villarino aspira á reelección
G24.gal 23/01/2022 16:25

O PSdeG elixe hoxe o seu líder na provincia de Ourense. A militancia está chamada a escoller o seu secretario xeral provincial. Por unha banda, aspira á reelección no cargo Rafael Rodríguez Villarino, á fronte do socialismo ourensán desde 2018. Contra as 11:00 emitía o seu voto na sede provincial do partido.

Por outra banda, o alcalde do Barco de Valdeorras Alfredo García, un histórico da formación, compite por arrebatarlle o posto. É moi crítico coa xestión do actual secretario. O rexedor votaba na sede socialista do seu municipio contra as 12:00.

Agora, un total de 1.570 militantes teñen a última palabra.

Alfredo García compite por arrebatarlle o posto ao actual secretario
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade