Os soportais de Compostela, protagonistas e vítimas das transformacións da cidade
Os soportais de Compostela, protagonistas e vítimas das transformacións da cidade
Algúns proxectos de remodelación urbana decidían eliminalos, outros optaban por conservalos
Antes da construción da praza de abastos, era nos distintos soportais onde se vendía leite, palla, queixo...
Mesmo chegou a haber soportais no Ensanche hai non tanto tempo
Os soportais son elementos arquitectónicos que foron protagonistas pero tamén vítimas das distintas transformacións dunha cidade coma Santiago a través do tempo. Algúns proxectos de remodelación urbana decidían conservalos, outros optaban por eliminalos. Mesmo no Ensanche chegou a haber soportais hai non tanto.
Protexen da chuvia, pero tamén albergaron distintos mercados ao aire libre antes de que a finais do século XIX se construíse a praza de abastos e unificase todas aquelas subestruturas económicas.
Da man dun arquitecto, paseamos pola historia dos soportais a través de vellas fotos e imaxes de hoxe.