Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os traballadores dos despachos de billetes de Renfe da Coruña, en folga

Os traballadores dos despachos de billetes de Renfe da Coruña, en folga

Protestan por continuos fallos no sistema informático

G24.gal 19/07/2024 14:41

Os traballadores dos despachos de billetes de Renfe protestan contra os erros do sistema informático. Dende o comité de empresa denuncian anulacións técnicas dos billetes por erros que ao traballador lle aparecen como ingresadas, pero que non se cobraron, co problema conseguinte, porque non cadran as contas, e tamén problemas coas prazas, que ás veces se duplican e aparecen máis das que realmente hai

Xa informaron de máis de 300 incidencias, que tamén din que acaban xerando situacións de estrés e moita ansiedade por enfrontamento moitas veces cos usuarios, polo malestar que se produce debido ao mal funcionamento do sistema"

Só estaban chamados a parar os despachos das estacións da provincia da Coruña, que por outra banda funcionaron con normalidade. Os sindicatos denuncian que os servizos mínimos que se convocaron son abusivos e non desbotan ampliar o paro ao resto de Galicia. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar