Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os traballadores de Alcoa deciden se aceptan o peche temporal tras case dous anos de negociacións

Os traballadores de Alcoa deciden se aceptan o peche temporal tras case dous anos de negociacións

A proposta contempla paralizar a produción durante dous anos e retomala en 2024, mantendo o emprego dos traballadores

G24.gal 28/12/2021 20:32

O referendo en Alcoa San Cibrao vai supoñer un punto de inflexión nun conflito que se remonta a maio de 2020, cando a multinacional anunciou un ere. Un milleiro de traballadores, entre operarios da fábrica e persoal das empresas auxiliares, comezaron un calvario con final aínda incerto.

Mobilizacións de todo tipo, negociacións multilaterais sen resultados, operacións de venda frustradas... Os traballadores temeron o peor cando o Goberno central negou a posibilidade de actuar de mediador a través da Sepi.

Pero a vía xudicial, coa anulación do ere, abriulles unha porta á esperanza, xa que Alcoa non puido parar as cubas como pretendía, e viuse obrigada a presentar unha proposta que contempla paralizar a produción durante dous anos e retomala en 2024.

A cambio comprométese a manter o emprego e a buscar solucións ao seu gran problema: lograr unha enerxía máis barata, xa que cos actuais prezos di que perde 20 millóns de euros mensuais. Se os traballadores votan non no referendo, Alcoa non poderá parar a fábrica.

Para iso terá que presentar un novo ere e negocialo cos sindicatos, que non están dispostos a aceptar baixo ningún concepto a paralización das cubas de aluminio. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade