Os transportistas suspenden "temporalmente" o paro despois de 20 días
Os transportistas suspenden "temporalmente" o paro despois de 20 días
Malia a decisión anuncian que haberá novos paros en próximas datas
A Plataforma de Defensa do sector do Transporte por Estrada decidiu "suspender temporalmente" o paro que aínda mantiña estes autónomos e pemes desde o 14 de marzo, e que din retomarán no momento en que consideren oportuno, que vai ser "mais cedo" que tarde.
Así o acordaron despois de 20 días de mobilizacións por toda España e tras consultar aos asistentes á asemblea celebrada en San Fernando de Henares, cun cento de transportistas.
O 14 de marzo a plataforma convocou un paro indefinido que mantiñan ata o de agora, porque non aceptaban as medidas que pactou a finais de mes o Goberno co Comité Nacional de Transportes por Estrada, entre as que destaca unha bonificación de 20 céntimos de euro por litro de combustible ata o 30 de xuño.
Na asemblea o voceiro da Plataforma, Manuel Hernández, defendeu que é o momento de ser intelixente e de saber administrar a forza que o colectivo colleu nas últimas semanas, "para dar o segundo golpe que vai chegar".
Antes de saber o resultado da asemblea, o voceiro da Plataforma xa anunciaba que o paro convocouse cuns obxectivos e que "ata que non se logren non se ía desconvocar nada".
Coa pausa aseguran que a Plataforma busca organizarse aínda máis para representar ao traballador.