Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os trinta anos do "Luar", un dos máis lonxevos da televisión europea

Os trinta anos do "Luar", un dos máis lonxevos da televisión europea

A audiencia consolida o programa presentado por Xosé Ramón Gayoso

G24.gal 24/09/2022 14:55 Última actualización 24/09/2022 15:11

O Luar está de aniversario. Este mes fai trinta anos. Tres décadas dun espazo televisivo que é moito máis ca un programa. 

En palabras do seu presentador, Xosé Ramón Gayoso, Luar é un sentimento, case que unha forma de ser que forma parte xa da historia contemporánea de Galicia.

O primeiro Luar emitiuse na TVG en setembro do 1992. Foi o xermolo dun programa que vai pasar á historia non só por ser un dos máis lonxevos da televisión europea, senón tamén por ser un referente artístico e cultural.

Foi a casa de Vilar, Zahera, Tosar, Touriñán, David Amor ou Paula Vázquez, pero tamén o escenario no que Sabina, Rocío Jurado, Isabel Pantoja, Pimpinela, Rafael ou Maná brillaron. Todos os estilos, tendencias e artistas teñen cabida.

Se ben a música é o engrudo que une todo, o Luar tamén se fai a base de actores, antroploxía, xente da rúa, sorpresas e o público que acode cada venres para vivilo en directo, como Olimpia ou Benigna, que perderon a conta das veces que viñeron ao estudio de gravación.

Presentador icónico

Xosé Ramón Gayoso, o seu presentador icónico, é a parte visible dun equipo de profesionais capitaneados por Teo Manuel Abad. Atrevémonos a asegurar que non hai un só galego que non coñeza o Luar.

Nestes trinta anos, enriqueceu Galicia e Galicia enriqueceuse con Luar. Os dous medraron xuntos.

Respecto ao futuro está o firme propósito do equipo do programa, que é líder de audiencias, de seguir traballando coma ata o de agora, intentando dar cada venres o mellor de si, nun espazo televisivo que é máis ca un programa, é unha forma de ser.

O da semana que vén é o Luar 1.321.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar