Os troteiros botan as últimas carreiras este Martes de Entroido
Os troteiros botan as últimas carreiras este Martes de Entroido
Brincar, facer trasnadas, faldrear e sacarlle sorrisos á veciñanza dun rural que esmorece son os obxectivos polos que se entrega esa máscara
Este martes de Entroido vívese na provincia de Ourense con algo de mágoa, por ser o último día, pero con moito entusiasmo e dándoo todo. Ademais do triángulo máxico, Laza, Verín e Xinzo, onde esta tarde hai desfile, quixemos achegarnos a un Entroido rural, a Bande, onde os protagonistas os troteiros animaron a feira e á veciñanza coas súas brincadeiras.
Os troteiros botan as últimas carreiras deste Entroido 2024 cheos de emoción. Un espírito, o do troteiro, que se transmite de xeración en xeración. Brincar, facer trasnadas, faldrear e sacarlle sorrisos á veciñanza dun rural que esmorece son os obxectivos polos que se entrega esta máscara.
Mañá, Mércores de Cinsa, acompañarán os últimos suspiros da sardiña e terán que agardar ata o ano que vén para vestir o seu amado troteiro.