Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os usuarios do tren Celta denuncian deficiencias no servizo

Os usuarios do tren Celta denuncian deficiencias no servizo

A única conexión ferroviaria entre Galicia e Portugal é a do tren Celta, que sae de Vigo ata O Porto

A liña ofrece poucas conexións diarias e unha duración da viaxe de dúas horas e vinte minutos

G24.gal 02/07/2024 14:29

A única conexión ferroviaria entre Galicia e Portugal é a do tren Celta que sae de Vigo ata O Porto. Un servizo que, malia gañar en número de usuarios, ata 115.000 o ano pasado, presenta numerosas deficiencias para os usuarios.

Mentres a alta velocidade non conecte os dous países, os pasaxeiros teñen que conformarse con esta liña que ofrece poucas conexións diarias e unha duración da viaxe de dúas horas e vinte minutos. 

Outra das queixas por parte dos usuarios é a impuntualidade; de feito, o tren Celta é o que acumula o maior número de atrasos da rede portuguesa; más do 82 por cento dos trens desta liña sufriron demoras durante o 2023.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar