Cargando resultados...
Os varredores da Coruña amplían as súas protestas
Os varredores da Coruña amplían as súas protestas
Aumentan os días de folga en xullo e ameazan con estendelos todo agosto
G24.gal
29/06/2024 19:29
Os varredores da Coruña decidiron ampliar as súas protestas. Aumentaron as catro xornadas de folga previstas en xullo a oito.
Acusan a empresa concesionaria da recollida do lixo de non querer negociar ningunha das súas demandas e advirten de que se non hai avances pararán todo mes de agosto.
Motivan as súas mobilizacións en despedimentos inxustificados, externalización de servizos e incumprimentos do convenio, e reclaman a mediación do Concello.