Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os veciños dun edificio do barrio vigues de Cabral son os reis do Samaín

Os veciños dun edificio do barrio vigues de Cabral son os reis do Samaín

Hai oito anos comezaron a decorar as casas e espazos comúns e agora o bloque é un espectáculo

G24.gal 31/10/2022 20:52

Os veciños dun edificio do barrio de Cabral, en Vigo, dano todo na noite de defuntos.

Comezaron a celebralo hai oito anos e impresiona como cada recuncho está terrorificamente decorado.

A alma da Festa é Gabriel, e todos participan con ilusión dos preparativos da noite máis especial do ano.

Non deixan un detalle á improvisación, e cada ano supéranse. Maiores e pequenos gozan dunha noite inesquecible chea de sustos e risas.

Non, non é Halloween

A noite de defuntos cada vez se festexa máis en Galicia. Malia que moitos pensen que é unha moda importada dos Estados Unidos, a súa orixe é celta. No Samaín celebraban o fin do verán e da temporada das colleitas, e a chegada do inverno. Agora hai poucas vilas en que non se festexe esta noite máxica. 

Mortos, monstros e vampiros ateigan barrios e urbanizacións na procura de doces ou risas. Cadaquén saca o lado máis escuro nunha xornada de portas abertas ao terror.

Algúns tremen, outros rin, pero todos desfrutan dun Samaín que hai tempo xa que aquí se impuxo ao Halloween. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade