Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os vigueses volveron subir ao monte Alba dous anos despois para a romaría de San Bartolomeu

Os vigueses volveron subir ao monte Alba dous anos despois para a romaría de San Bartolomeu

A tradición manda golpear a cabeza contra o santo para quitar os medos

G24.gal 24/08/2022 16:11

Despois de dous anos sen celebrarse, o monte Alba en Vigo acolleu de novo a romaría de san Bartolomeu e os devotos cumpriron coa tradición de golpear a cabeza contra o santo para quitar os medos.

Nin a calor impidiu que centos de romeiros cumpran coa tradición de camiñar ata o alto do monte Alba. É a segunda das romarías que en pouco máis de vinte días acolle esta capela.

En Valadares a devoción mestúrase coa festa. Ao longo do día haberá poxas, música e por suposto comidas cos amigos. Despois de dous anos sen celebrarse hai moitas ganas.

O próximo oito de setembro será a última romaría do verán nesta parroquía. Entón tocará baixar do monte a Virxe do Alba e a san Bartolomeu ata a igrexa onde pasarán o resto do ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar