Cargando resultados...
Os Xenerais da Ulla percorreron as parroquias de Teo no Entroido da comarca
Os Xenerais da Ulla percorreron as parroquias de Teo no Entroido da comarca
G24.gal
11/02/2023 21:46
Os Xenerais da Ulla percorreron a cabalo no serán deste sábado as distintas parroquias de Teo nun Entroido ao que algúns atribúen a orixe nas invasións napoleónicas e outros na Batalla de Cacheiras.
Tras percorreren o territorio e ante centos de persoas, os xenerais escenificaron xa no campo da festa de Reis os tradicionais "atranques", nos que afloran en diatribas por parellas, ademais dunha animadversión entre os contendentes, discusións políticas ou leas de famosos.
Destacan neste Entroido as indumentarias dos uniformados, vistosas e coloridas. Cada unha delas leva uns tres meses de traballo na confección.