Publicador de contidos
Publicador de contidos

Óscar Puente cesa o presidente de Adif, Ángel Contreras

Óscar Puente cesa o presidente de Adif, Ángel Contreras

Este cesamento prodúcese tras varias destitucións levadas a cabo polo ministro nos últimos meses pola auditoría relacionada co caso Koldo

Á marxe desta trama de corrupción, sobre o responsable de Adif tamén pesaban as numerosas incidencias que se produciron ese verán na rede ferroviaria

G24.gal 13/09/2024 19:01

O ministro de Transportes, Óscar Puente, destituíu o presidente de Adif, Ángel Contreras, co obxectivo de "impulsar a xestión da empresa", segundo confirmaron fontes gobernamentais.

Este cesamento prodúcese tras varias destitucións levadas a cabo polo ministro nos últimos meses pola auditoría relacionada co caso Koldo, aínda que desde o Ministerio remarcan que a destitución do presidente non ten relación con este asunto.

Con todo, Contreras levaba menos dun ano no cargo.

O xa expresidente de Adif tivo que comparecer no Senado no marco da comisión de investigación sobre todas as ramificacións do caso Koldo, onde asegurou que "nunca amañara ningún tipo de contrato".

Contreras defendeu que a súa relación con Koldo -aparecía implicado no informe da UCO- se limitaba ao plano "social" tras a saída do exasesor de José Luis Ábalos do Ministerio a finais de 2022.

Tamén sinalou que algunha vez quedaron para tomar café e mesmo chegaron a comer ata dúas veces e noutra ocasión co exministro José Luis Ábalos cando xa era deputado.

Pola súa banda, Óscar Puente xa defendeu en varias ocasións que destituiría a calquera cargo do Ministerio que se vise implicado no caso. De momento, ademais da Contreras, xa cesou o secretario xeral de Portos do Estado, Álvaro Sánchez Manzanares; o subsecretario de Estado, Jesús Manuel Gómez, e o xefe de persoal de Adif, Michaux Miranda; pola súa condición de investigados no caso Koldo.

Á marxe desta trama de corrupción, sobre o responsable de Adif tamén pesaban as numerosas incidencias que se produciron ese verán na rede ferroviaria.

Precisamente este venres, na estación madrileña de Atocha producíronse atrasos medios de 50 minutos na alta velocidade como consecuencia dunha avaría na sinalización. A circulación interrompeuse antes das 14:00 horas, aínda que foi restablecida arredor das 15:30 horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade