Milleiros de ciclistas toman as rúas de Ourense para promover o seu uso
Milleiros de ciclistas toman as rúas de Ourense para promover o seu uso
O Día da Bici celébrase dende hai máis de tres décadas na cidade e xa se converteu nunha xornada lúdica para toda a familia
Coincidindo co Día europeo sen coches, milleiros de persoas de todas as idades afeccionadas á bicicleta, tomaron as rúas de Ourense na trixésima oitava edición do Día da Bici.
Trátase dun evento lúdico deportivo cunha fonda tradición na cidade das Burgas. Celébrase dende hai máis de catro décadas, só coa interrupción da pandemia.
Naceu co obxectivo de promover o uso deste medio de transporte e unha mobilidade máis sostible e saudable, pero acabou por se converter nunha gran festa para toda a familia.
Os participantes percorreron un total de once quilómetros por quince rúas do centro, pechadas ao tráfico.
Nesta 38 edición, as persoas participantes tamén reclamaron máis respecto nas estradas para os usuarios das bicicletas.