Publicador de contidos
Publicador de contidos

A industria galega traballa para ser máis sostible

A industria galega traballa para ser máis sostible

Sectores punteiros en Galicia, como o da madeira, o téxtil ou o da pedra, xogan cunha vantaxe: a súa propia materia prima, que conta con usos moi versátiles á hora de reutilizalos

Os desafíos son ser máis exactos na planificación da fabricación e que todo o ciclo produtivo se realice en Galicia

G24.gal 16/10/2024 14:33

Galicia produce o 50 por cento da madeira de toda España. É unha das materias primas máis sostibles do mercado, con usos non só na construción senón tamén na industria téxtil. Por iso o sector traballa para que todo o proceso de produción se realice aquí. 

"Temos a gran vantaxe de ser un produto de quilómetro cero, un produto sostible, podemos dicir que non existen residuos de madeira que todos os produtos son revalorizables", explica Carmen Gayoso, do Clúster da Madeira Lugomadera.

Tampouco xera residuos a pedra natural, un material moi rendible pola súa durabilidade e un sector,  que conseguiu reducir ata un 80 por cento a emisión de gases na produción.

"Ten unha gran rendibilidade porque ten unha durabilidade maior e un baixo mantemento; a pedra natural pode ser simplemente limpada e volta a reutilizarse polo tanto non se converte nun residuo de construción", di José Ángel Lorenzo, voceiro do Clúster do Granito.

Tamén en rehabilitacións, pero para illamentos e recheos úsanse moitos tecidos. O sector téxtil foi un dos primeiros en buscar fórmulas para ser máis sostibles.

"Traballar en planificar mellor, non hai nada máis sostible que planificar o xusto, fabricar o xusto cos materiais xustos, traballar coa intelixencia artificial", asegura Diego Piñeiro, do Clúster do Téxtil.

Para resolver estes desafíos ambientais, Galicia conta cunha nova ferramenta. "É a aceleradora de emprendemento ambiental e o obxectivo é responder as demandas, desafíos e retos ambientais da industria", explica Ana Botas de Viratec.

Retos que se debateron nestas xornadas sobre economía circular celebradas en Lugo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade