Publicador de contidos
Publicador de contidos

Coruña vive unha mañá sen coches nunha das arterias de entrada de maior tráfico

Coruña vive unha mañá sen coches nunha das arterias de entrada de maior tráfico

As principais cidades e vilas galegas sumáronse este domingo á celebración do Día Europeo sen Coches

A Comisión Europea marca esta data co obxectivo de fomentar alternativas ao automóbil privado 

G24.gal 22/09/2024 15:01 Última actualización 22/09/2024 17:37

A rúa Manuel Murguía é unha das vías de entrada á cidade da Coruña que máis tráfico soporta a diario. Este domingo está chea de ciclistas, patinadores e peóns que transitan con total liberdade.

A xornada quere sensibilizar os responsables políticos e a cidadanía sobre os beneficios para a saúde pública e para o medio ambiente de cambiar o coche por outros transportes máis sostibles.

"O compromiso dos gobernos ten que ser apostar por esas mobilidades sostibles, polo tanto hai que facilitar ese acceso sinxelo ao transporte público, outros modelos de mobilidade branda, nós temos o exemplo de Bici Coruña, que é un éxito", afirma Noemi Díaz, concelleira de Mobilidade.

"O importante é que a xente teña o convencemento de que o que hai é que camiñar, é unha cidade que se presta para camiñar, e tamén ao uso da bicicleta", di Xosé Luís Iglesias, responsable da organización da Semana Europea da Mobilidade.

As principais cidades europeas sumáronse a este día sen coches. Nesta ocasión, o lema elixido pola Comisión Europea, "Espazo público compartido", é do agrado dos peóns.

"Os peóns compartimos o espazo cos condutores, de bici, de monopatín e sempre temos que pensar que o respecto é o que ten que primar e por primeira vez non se fala de coches. Hai un valor no lema", apunta Ángela Jiménez, Stop Accidentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade