Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de catro millóns de euros para fomentar e modernizar o comercio rural galego

Máis de catro millóns de euros para fomentar e modernizar o comercio rural galego

Trives e San Xoán de Río son dous dos concellos nos que se vai actuarforman 

G24.gal 28/01/2022 18:44

Os fondos forman parte da liña de axudas para impulsar a competitividade do comercio do Ministerio de Industria.

A provincia de Ourense recibirá máis de 800.000 euros para fomentar e modernizar o comercio en zonas turísticas e rurais dun total de 4,17 millóns de euros que o ministerio destinará a nove proxectos en toda Galicia.

Anunciouno o delegado do Goberno de visita na Pobra de Trives, concello da montaña ourensá que  recibirá 368.000 euros para rexenerar o seu comercio.

O concello de San Xoán de Río tamén obterá outros 474.642 euros para mellorar a competitividade, sostibilidade e diversificación da economía rural.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade