Cargando resultados...
Outubro empezou con 32 graos ou máis en 350 estacións da AEMET
Outubro empezou con 32 graos ou máis en 350 estacións da AEMET
Unha galerna provocou a fuxida dos bañistas en Donostia
G24.gal
02/10/2023 21:15
Última actualización 02/10/2023 21:44
Outubro empezou con valores de 32 graos ou superiores en 350 estacións da Axencia Estatal de Meteoroloxía, preto do 40 por cento das totais. Sinalan na AEMET que este inicio de outubro é probablemente o máis cálido en España dende que hai rexistros. Os valores oscilan entre sete e 14 graos por riba dos habituais para esta época do ano.
Por outra banda, no País Vasco activouse un aviso amarelo por risco de galerna entre as tres e as sete da tarde deste luns e alertaba dun descenso da temperatura de ata dez graos nunha hora. Cumpriuse a predición con refachos de vento que obrigaron a escapar da praia tras un xiro brusco a noroeste.