Por Zona Mixta pasou un afeccionado do Deportivo, Pablo Fernández, da Peña Deportivista de Verín que viviu a celebración do gol no último minuto e a caída do valado con varios feridos.
Unha celebración que tornou nun gran susto
No Zamora-Deportivo houbo varios feridos tras a celebración do gol
Quedou nun susto, pero puido ter consecuencias graves
Por Zona Mixta pasou un afeccionado do Deportivo, Pablo Fernández, da Peña Deportivista de Verín que viviu a celebración do gol no último minuto e a caída do valado con varios feridos.
Unha celebración que tornou nun gran susto
Así o contaba Pablo en directo no programa da Radio Galega:
"Nós estabamos unhas ringleiras máis arriba e non chegamos caer, estabamos na 6-7 e acabamos na 2, para que te fagas unha idea. Na celebración non nos decatamos ata que ves xente tirada e báixache a alegría do gol. Vimos o compañeiro no chan, pero dicía que estaba ben e quedamos tranquilos"
Impropio dun estadio de fútbol
Así o cualificaba o afeccionado, con experiencia en viaxar co equipo coruñés:
"Ninguén pode esperar que un valado de metal rompa nun cacho. Non fixo a súa función desde logo. Vivimos momentos difíciles sobre todo cando vimos un compañeiro tirado no chan e inconsciente, dábanlle golpes na faciana para que se recuperase. Aí pensas no peor"
"Parece inverosímil que isto poida pasar nun campo de fútbol. Nós fomos tres desde Verín ao ser en media semana. Quedábanos Zamora máis preto que Coruña. Iso si, foi un partido moi frío, como o ambiente meteorolóxico. Pero cando vas en boa dinámica, acabas gañando e é o que está a pasar co Deportivo esta tempada"