Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pablo Iglesias pide o voto para o BNG

Pablo Iglesias pide o voto para o BNG

Iglesias anima as bases de Podemos a rexeitar a coalición con Sumar

G24.gal 28/12/2023 16:43

Este xoves o exvicepresidente do Goberno e exlíder de Podemos, Pablo Iglesias, sostivo que "a mellor decisión que poden tomar as bases moradas é rexeitar a coalición con Sumar e pedir o voto para o BNG”, de cara ás futuras eleccións autonómicas.

Iglesias subiu unha mensaxe na rede social X, pouco despois de que a portavoz de Podemos, Isa Serra, explicase ante unha rolda de prensa que a dirección da formación deixa en mans da súa organización en Galicia a decisión última sobre o "preacordo" con Sumar e EU para concorrer ás eleccións do 18 de febreiro.

Serra defendeu a autonomía dos territorios á hora de expor candidaturas, como no caso de Galicia, pese á ruptura con Sumar a nivel nacional.

Iglesias critica a proposta lanzada polos de Yolanda Díaz e insiste en que a oferta é mesmo peor que a de Sumar ofreceu á formación violeta nas pasadas eleccións xerais do 23 de xullo, xa que coa fórmula en Galicia apenas terían opcións de entrar na Cámara.

O preacordo, que xa se pode votar entre os rexistrados de Podemos, contempla que para os morados sexan o segundo posto pola circunscrición pola Coruña, o primeiro por Lugo, o terceiro de Ourense e o cuarto por Pontevedra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade