Pablo Iglesias repróchalle a Yolanda Díaz que non apoie a Irene Montero
Pablo Iglesias repróchalle a Yolanda Díaz que non apoie a Irene Montero
Considera covarde e miserable que unha compañeira se poña de perfil antes os ataques á ministra
Igualdade recoñece erros xudiciais na aplicación da lei do "só si e si".
"Cremos que si que sinceramente os houbo. Que corrección ten isto? Non no Goberno desde logo, deixemos falar o Poder Xudicial", dixo este venres a delegada do Goberno para a violencia de xénero
E había expectación por saber a opinión de Yolanda Díaz que ata agora gardou silencio.
"Non xeremos alarma social, o Goberno vai protexer todas as vítimas e esperemos con toda tranquilidade a que resolva o Supremo", dixo a vicepresidenta.
Nun chío Pablo Iglesias cualifica de miserable, covarde e estúpido que unha compañeira se poña de perfil ante os ataques á ministra de Igualdade por sinalar os xuíces. As que non eluden pronunciarse sobre as polémicas declaracións de Irene Montero son as ministras socialistas.
"Cada un ten que responder das súas palabras. Este Goberno é sempre escrupuloso co traballo da xustiza", aseguraba a ministra de Facenda.
No Partido Popular insisten en pedir o cesamento inmediato da ministra de Igualdade.
"Veremos se o presidente do Goberno pode destituír unha ministra que non nomeou", aseguraba Feijóo.
O presidente do PP di que se non pode facelo con Irene Montero, que polo menos destitúa os responsables do ministerio de xustiza aos que si nomeou el.