Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pablo Rey pode ascender dúas veces: co Rácing Vilalbes e co Rácing de Ferrol

Pablo Rey pode ascender dúas veces: co Rácing Vilalbes e co Rácing de Ferrol

Xoga no Vilalbés, pero é racinguista de corazón

G24.gal 25/05/2023 15:50 Última actualización 25/05/2023 15:55

O futbolista ferrolán, Pablo Rey Cabarcos pode ascender dúas veces nunha semana . Co Rácing Vilalbes, o seu actual equipo, e co Rácing de Ferrol, o equipo do seu corazón.

A pasada fin de semana abríalle o camiño ao Rácing Vilalbés cun oberano golazo. Este sábado pode celebrar un ascenso, o do Rácing de Ferrol da súa vida, e a semana que vén selar o do equipo chairego.

"Témolo aí, estamos a un pasiño".

O ferrolán, con máis dunha década ao servizo dos verdes ás costas, non ten dubida: o Rácing estará en Segunda porque foi o mellor.

"Demostrou ser o mellor equipo da categoría. Chegan nun momento boísimo".

Son días de emoción contida para Pablo e para unha cidade xa decorada para tan magno evento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade