Pablo Zamorano, o adestrador galego do equipo e-sports de Casemiro
Pablo Zamorano, o adestrador galego do equipo e-sports de Casemiro
Na sección de deporte electrónico do Galicia en goles profundizan no papel de coach do FIFA
O protagonista do #GaliciaEnXogo deste sábado foi Pablo Zamorano, vigués de 22 anos.
Deuse a coñecer antes da corentena porque foi o primeiro xogador profesional en representar o Celta na E-LaLigaSantander (competición oficial da Liga de FIFA). Actualmente é coach, adestrador profesional. Forma parte do equipo do ex-xogador do Real Madrid Casemiro “CaseSports”.
"Aínda non sabemos con que equipo xogaremos o ano que vén, ou non podemos anuncialo, pero si que é de segunda división. Sería interesante tamén falar con outros dous adestradores galegos de FIFA: Carlos Pereiras (coach de Chousita , o xogador profesional que pasou polo programa a semana pasada) e Javi Villar".