Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pagar por sacar cartos no banco podería ter os días contados

Pagar por sacar cartos no banco podería ter os días contados

A OCU pídelle ao Goberno central que elimine as comisións por retirar efectivo na caixa das entidades

Afirman que forma parte do servizo de caixa básico e que é unha comisión abusiva

G24.gal 16/01/2024 13:53

A comisión por retirada de efectivo en portelo non ten límite legal, aínda que hai entidades que non a aplican, outras cobran un importe fixo por este servizo. 

En decembro o Goberno eliminou o cobro de comisións por sacar cartos na caixa para os maiores de 65 anos e para as persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33 %. A OCU reclama agora que se faga extensible a todos os usuarios. 

Lembran que os tribunais de Xustiza xa se pronunciaron na mesma liña e que este tipo de comisión xa foi declarada abusiva nalgunhas sentenzas. 

Desde a OCU aconsellan aos usuarios que pagan por este servizo que cambien de entidade financeira.

Hai entidades que cobran comisións máis altas que no caixeiro, outras aplican unha determinada franquía de tres ou catro operacións gratuítas ao mes, a partir da cal comezan a cobrar as operacións en portelo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade