Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pagar por unha 'caña' 3 euros: a hostalería tampouco escapa da suba de prezos

Pagar por unha 'caña' 3 euros: a hostalería tampouco escapa da suba de prezos

Entre 20 e 30 céntimos subiron os cafés e as cañas no último ano

Saír a tomar cañas é un hábito moi arraigado
G24.gal 20/09/2023 14:50

As cañas rozan ou superan xa o límite dos tres euros nalgúns bares de Santiago. Tomar un café tamén é máis caro.

Os hostaleiros estiveron aguantando, aseguran, pero finalmente tiveron que subir os prezos porque as marxes de beneficios están moi axustadas. A eles tamén lles subiron.

"En caixa, 2,50 a 3 euros a caixa de cervexa, o que me custa a min a maiores, claro. O café igual sobre 3 euros, 4 euros en quilo", conta Soledad Iglesias, hostaleira de Santiago.

Aínda que hai moitas diferenzas entre uns locais e outros, de media tanto os cafés coma as cañas subiron entre 20 e 30 céntimos. Para algúns hostaleiros, chegar a tres euros por caña é esaxerado.

"Non hai moito presuposto para pagar 3 euros unha caña, paréceme moito", opina Soledad.

"Eu levo 36 anos na hostalería e paréceme un pouco excesivo, pero cada un sabe o seu negocio como o ten que levar", apunta Ramón Varela, camareiro.

Malia a suba de prezos, custa renunciar a un hábito social tan arraigado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade