Page e Lambán retíranlle o apoio a Pedro Sánchez na súa reelección para secretario xeral
Page e Lambán retíranlle o apoio a Pedro Sánchez na súa reelección para secretario xeral
Os dous líderes autonómicos non lle dan os seus avais
Así e todo, Sánchez conseguiu o máximo de apoios para ser ratificado no cargo no próximo congreso federal do partido
O presidente de Castela-A Mancha Emiliano García-Page e o expresidente de Aragón Javier Lambán víranlle as costas a Pedro Sánchez e non dan os seus avais para que sexa reelixido secretario xeral do partido. Así e todo, finalizado o proceso de primarias, Sánchez conseguiu o máximo de apoios para ser ratificado no cargo no próximo congreso federal do partido.
Emiliano García-Page e Javier Lambán son os únicos baróns do PSOE que non avalan a Pedro Sánchez para a súa reelección como líder do partido. Ningún dos dous argumentou publicamente os motivos, pero son coñecidos os seus posicionamentos en contra da lei de amnistía e das cesións aos independentistas cataláns. Un asunto que, di, Emiliano García-Page, tratará persoalmente con Pedro Sánchez no próximo encontro que van ter na Moncloa.
"Teño por norma dicir nos despachos o mesmo que digo na rúa", dixo Emiliano García-Page.
Pedro Sánchez foi o único que presentou candidatura para a Secretaría Xeral do PSOE, e segundo confirmou o partido, conseguiu o número máximo de avais da militancia. Será ratificado no cargo no congreso federal que o PSOE vai celebrar en Sevilla entre o 29 de novembro e o 1 de decembro.