Paixón polas luces de Nadal na aldea da Mioteira, en San Cibrao das Viñas
Paixón polas luces de Nadal na aldea da Mioteira, en San Cibrao das Viñas
Comezaron a decorar as súas vivendas na pandemia e agora xa son todo un atractivo do Nadal na provincia de Ourense
Estes días agardan a chegada de centos de visitantes que chegan para ver as súa iluminación, as luces están acesas desde as 18 ata oas 01:00 horas
Teñen un carrusel para o goce da cativada e tamén chocolate con churros
Non só as cidades galegas amosan a súa paixón polas luces de Nadal. Nas aldeas como a da Mioteira, no concello ourensán de San Cibrao das Viñas, tiran de imaxinación e desde hai cinco anos as súas luces e as decoracións das súas casas son un atractivo máis do Nadal na provincia de Ourense.
Na Mioteira non lles falta detalle e ata conseguiron a visita anticipada de Papá e a Mamá Noel. E tamén teñen un carrusel para que gocen os nenos e as nenas. Pero non só a cativada se animou a dar unhas voltiñas no carrusel.
Centos de luces de cores, música, chocolate con churros e o bo humor da xente da Mioteira son o éxito dunha vila unida tamén pola maxia do Nadal.