No Lugo, mirar a clasificación é case un suplicio
No Lugo, mirar a clasificación é case un suplicio
Alberto: "Hai que gañar para soltar a mala dinámica deste 2023"
O central Alberto Rodríguez compareceu ante os medios de comunicación para dar conta do momento polo que atravesa o equipo, necesitado dunha vitoria para reverter a situación clasificatoria.
O canario espera unha gran entrada o domingo, e un Anxo Carro decisivo para completar unha actuación que devolva ao equipo á senda dos tres puntos:
"Co novo míster cambiamos de sistema. Estamos cómodos, aínda que faltan algúns axustes. O equipo adaptouse ben, entende o que nos pide, e traballamos para facelo o mellor posible".
"Só vale sumar de tres. Necesitamos confianza para vencer a mala dinámica deste ano. O partido ante a S. D. Ponferradina é clave, e así o estamos traballando".
Iso si, mirar a clasificación é case un suplicio:
"Mirar a clasificación é peor. Hai que gañar para soltar a mala dinámica deste 2023".