Para sete de cada dez galegos, a ocupación de vivendas xa é un problema social
Para sete de cada dez galegos, a ocupación de vivendas xa é un problema social
É unha das conclusións que se desprenden do estudo que acaba de presentar a Fundación Línea Directa
Segundo o CIS, a ocupación ilegal é unha das principais preocupacións entre a cidadanía. Tamén é a impresión que recolle o informe elaborado pola fundación Línea Directa, que di que o 72 % dos enquisados xa falan da ocupación coma problema social.
E un de cada cinco pensan que o risco de que a súa vivenda sexa ocupada é medio ou alto. E un 28 por cento coñece directa ou indirectamente algún caso
Á hora de afondar nas causas, a maioría apunta á lentitude da xustiza. E un 73 por cento tamén fala de que habería que endurecer as penas e axilizar os desaloxos.
Propostas ás que tamén se suma o Goberno galego, pedindo que o desaloxo se faga en 48 horas, que se dote de persoal e tamén de seguridade xurídica.
Coñecer o número exacto de vivendas ocupadas é difícil, pero hai indicadores, como son as máis de 75.000 denuncias que se levan presentadas nos últimos cinco anos, que xa revelan como está a situación.