Publicador de contidos
Publicador de contidos

Paradela celebra a Feira do Ano co tradicional desfile de carros engalanados

Paradela celebra a Feira do Ano co tradicional desfile de carros engalanados

No día de san Cidre, expuxéronse na vila 70 cabezas de gando, maquinaria e artesanía

Félix Aragunde 15/05/2024 21:03 Última actualización 15/05/2024 21:11

Paradela é un dos concellos de todo o país onde a celebración do san Cidre, patrón dos labregos, goza dunha maior popularidade.

Boa proba é que festexan esta xornada coa chamada Feira do Ano, onde tanto se expón gando autóctono, de raza rubia galega, como maquinaria agrícola ou artesanía.

Pero o momento máis agardado da festa é o tradicional desfile de carros. Engalanados para a ocasión, portan a imaxe do santo e marchan tirados por parellas de bois polas rúas da vila.

Malia a inestabilidade do tempo, a chuvia intermitente non conseguiu deslucir a festa e os carros desfilaron con total normalidade, acompañados por gando vacún e cabalar.

José Luis Rodríguez, ramista da Feira do Ano de Paradela: "Facemos un pasarrúas por toda a vila, con bois xunguidos que arrastran os carros".

Mario Nogueira, dono das xugadas de bois do desfile: "Desfilan todos os meus bois. Téñoos de tres razas diferentes, dúas portuguesas, barrosa e maronesa, e unha galega, cachena".

Para rematar o día, organizouse unha cea popular de balde con degustación de Tenreira Galega Suprema, pan de Paradela e viño da Ribeira Sacra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar