Publicador de contidos
Publicador de contidos

Parte das persoas afectadas pola DINA confesa fatiga e dano psicolóxico

Parte das persoas afectadas pola DINA confesa fatiga e dano psicolóxico

A volta á normalidade non parece próxima

G24.gal 03/11/2024 20:32 Última actualización 03/11/2024 21:41

O impacto psicolóxico do ocorrido empeza a aflorar entre os afectados, primeiramente pola perda de vidas.

"Os avós, sobre todo, caeron moitos; xente que vivía en baixos tamén; e xente que foi salvar o coche e quedaron nenos sós, sen pais, e agora están cos veciños. Son historias duras", relata un home.

Os que quedaron sen casa ou sen negocio confórmanse con estar vivos. Pero tamén entre eles empeza a calar a fatiga.

"Non paramos de sacar lodo. Traballas e é coma se non fixeses nada. A xente está empezando a esgotarse", explica unha muller.

"O que máis precisamos é axuda psicolóxica porque aínda non o asimilamos, non somos conscientes", engade outra.

Moitos séntense, ademais, abandonados polas autoridades.

"As institucións, sexan as que sexan, están desaparecidas. Aquí o único que hai é o pobo na rúa, botando a man uns a outros", afirma un mozo.

A quen lles están moi agradecidos é aos voluntarios.

"Tanto que din que os voluntarios non son necesarios, pero sen toda esta xente isto non se podería facer", subliña unha muller.

Os traballos non cesan pero aínda non se restableceron por completo nin a luz, nin a telefonía, nin a auga; segue habendo moitos vehículos, lodo e cascallos nas rúas e moita xente aloxada en albergues improvisados e nas casas de veciños ou familiares.

A volta á normalidade non parece próxima.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade