Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prisión provisional para o home que lle prendeu lume á súa exparella en Vigo

Prisión provisional para o home que lle prendeu lume á súa exparella en Vigo

O caso pasa ao Xulgado de Violencia sobre a Muller que o investigará por un delito de asasinato en grao de tentativa

Momento no que o detido chegaba á Cidade da Xustixa de Vigo
G24.gal 15/09/2024 16:30 Última actualización 15/09/2024 17:59

O Xulgado de Instrución número 1 de Vigo decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza para o home que lle prendeu lume á súa exparella logo de botarlle gasolina.

Segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o acusado, de 41 anos e veciño de Gondomar, acolleuse ao seu dereito a non declarar.

O caso pasa agora ao Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo que investigará o home, B. R. R., por un delito de asasinato en grao de tentativa.

Os feitos producíronse ás nove da mañá do sábado cando o home se dirixiu ao domicilio da vítima na estrada de Valadares, botoulle gasolina e prendeulle lume. A muller, conseguiu apagar ela mesma as lapas e os seus berros alertaron a familia.

Pola súa banda, o home dirixiuse a un bar próximo onde, segundo fontes da investigación, foi detido polos axentes, aos que tentou agredir cunha botella de cervexa. A vítima foi evacuada ao hospital de Povisa co 35% do seu corpo queimado.

O detido cando fora arrestado hai dez anos por tenza ilícita de armas O detido cando fora arrestado hai dez anos por tenza ilícita de armas

Antecedentes policiais

Segundo fontes consultadas por Europa Press, o presunto agresor, de 41 anos, conta con antecedentes policiais.

En 2010 foi xulgado por un delito de tenza ilícita de armas, logo de ser investigado primeiro e descartado despois en relación coa morte da súa moza de entón, de 24 anos, en Gondomar. A autopsia determinara que a moza se suicidara dun tiro na sen.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade