Pasaxeiros con destino Suíza quedan en terra por falta dunha proba PCR
Pasaxeiros con destino Suíza quedan en terra por falta dunha proba PCR
As novas restricións colleron por sorpresa moitos galegos cun billete para Xenebra
Viaxar fóra de España nesta ponte obriga a estar moi ao tanto das esixencias e dos cambios normativos dos países de destino. Hai unhas horas un grupo de persoas que viaxaban a Suiza quedou en terra en Santiago ao carecer dunha proba PCR negativa.
A esta muller úrxelle ter o resultado da proba PCR porque o seu avión destino Xenebra está xa embarcando. Sen un test negativo quedará en terra, no aeroporto de A Lavacolla.
O local instalado no propio aeroporto para facer o test foi hoxe un ir e vir de xente continuo, como explica a encargada.
Hoxe levamos sobre sesenta ou setenta tests ben. Está sendo un día caótico cos cambios de normativa en Suiza que esixen unha PCR, un montón de xente con présa pero estamos intentando facer o mellor que podemos.
Sen información por parte da compañía aérea, a modificación colleu por sorpresa a boa parte dos pasaxeiros que tiñan previsto viaxar dende Santiago a Basilea e Xenebra este sábado.
Cando estabamos na cola para facturar preguntáronos se tiñamos unha PCR negativa, dixemos que non e ao final quedamos en terra e viñemos facer unha PCR pero hoxe non o puidemos coller.
Os máis afortunados, lograron cambiar o voo para o domingo e con tempo para facer o test.
Amais dos 95 euros que custa facer a proba neste aeroporto, os viaxeiros deberán pagar por unha segunda PCR ou un test de antíxenos en Suiza, entre o cuarto e o sétimo día da chegada ao país.