Publicador de contidos
Publicador de contidos

Paseando Cabritas denuncia as fugas de auga que anegan o seu cortello

Paseando Cabritas denuncia as fugas de auga que anegan o seu cortello

A empresa organiza en Culleredo paseos con nenos e xubilados
 

G24.gal 04/08/2023 17:36

No mes de xullo o responsable de Paseando Cabritas detectou unha nova fuga de auga a carón do seu garaxe. O cortello das 15 cabras enchoupouse e, como consecuencia, as cabras xa non poden estar alí, por iso andan pola leira e os arredores, a desfeita diaria.

"Non é a primeira vez que ocorre", asegura José Luis Álvarez, o responsable de Paseando Cabritas. Di que nas anteriores ocasións xa se responsabilizou dos gastos, aínda que ten claro que a responsable é Gestagua, a subministradora. 

Nesta ocasión, a urxencia para limpar, secar e encher de herba seca o cortello é maior, pois hai dúas femias a piques de pariren.

José Luis quere que este problema se solucione canto antes para que as cabritas poidan volver ao seu cortello e a pasear por Culleredo adiante con nenos e xubilados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade