Publicador de contidos
Publicador de contidos

"Paseo da la" pola aldea de Couso Galán, no concello de Sarreaus

"Paseo da la" pola aldea de Couso Galán, no concello de Sarreaus

É un encontro de produtores, deseñadores e artesáns para pór en valor esta materia prima mesturando innovación e sostibilidade

La de ovella galega, unha raza autóctona en perigo de extinción
G24.gal 08/06/2024 09:30 Última actualización 08/06/2024 09:32

O obxectivo é dar a coñecer as iniciativas ligadas ao traballo artesán da la e a súa importancia para manter vivo o rural e promover un consumo máis sostible. Falamos do Paseo da la, que celebra a súa terceira edición en Couso Galán, unha aldea rehabilitada do concello de Sarreaus. 

É un encontro de produtores, tinguidores, deseñadores e artesáns no que, ademais de coñecer e poder adquirir produtos únicos, tamén organiza faladoiros para pór en común as experiencias e o coñecemento sobre o mundo da la.

Este sábado celébrase o Día Internacional de Tecer en Público con obradoiros. O Paseo da la permanecerá aberto ata o domingo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar