Publicador de contidos
Publicador de contidos

Paseo triunfal de España diante de Serbia (3-0)

Paseo triunfal de España diante de Serbia (3-0)

Vitoria clara e contundente do equipo español, que se clasifica para os cuartos de final da Liga das Nacións

G24.gal 15/10/2024 22:25

A selección española sumou un novo triunfo na cuarta xornada da Liga das Nacións que a mete nos cuartos de final e case como primeira clasificada. Serbia, coa que empatara na primeira xornada, non presentou ningunha batalla e foi un xoguete nas mans do equipo de De La Fuente. 

Pronto comezou a decantarse o encontro, cunha cabezada de Aymeric Laporte. No primeiro tempo os serbios case non saíron do seu campo; a selección española debera marchar ao descanso con máis dun gol de vantaxe. 

O segundo tempo comezou cun penalti a favor que desperdiciou Morata, co punto de mira desviado. O dianteiro do Milán tentouno de todos os xeitos e acabou tendo o premio do gol conseguindo o segundo. Aínda quedaba un terceiro nun gran lanzamento de falta do centrocampista do Vilarreal Álex Baena. O partido non tivo máis historia que o monólogo interpretado por España contra un rival inexistente, que puido rematar en goleada de escándalo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos