Os pasos de peóns intelixentes de Ferrol advirten cun sinal luminoso da intención dos peóns de cruzar

Actívanse coa presenza dos peóns e fan que os vehículos baixen a velocidade
Cada ano en España, segundo as estatísticas da DXT, hai uns dez mil atropelos de peóns, e a maior parte dentro da zona urbana. No concello coruñés de Ferrol non queren seguir engrosando estas estatíticas e por iso acaban de instalar pasos de peóns intelixentes.
O 15 % dos atropelos graves ou mortais prodúcense xusto nos pasos de peóns. O exceso de velocidade ou as distraccións están detrás da maior parte destes accidentes, así que para evitalos que mellor que advertir o condutor cun sinal luminoso de que hai algún peón cruzando ou con intención de facelo.
Así é como funcionan os pasos de peóns intelixentes En Ferrol instaláronse como experiencia piloto hai uns meses e á vista dos resultados xa están totalmente operativos en tres puntos da cidade.