Publicador de contidos

Publicador de contidos

A avaría dos semáforos na travesía de Fene complica o cruzamento aos peóns

A avaría dos semáforos na travesía de Fene complica o cruzamento aos peóns

O Goberno municipal di que van ser substituídos por uns novos ante o custoso que resulta reparar un modelo tan antigo

Imaxe deste martes do grupo semafórico na encrucillada da N-651 á altura da Casa do Concello de Fene
G24.gal 25/03/2025 13:53

As persoas que teñen que atravesar dunha beirarrúa á outra na da travesía da N-651, en Fene, son as que máis botan de menos o funcionamento normal do grupo de semáforos. Desde hai uns meses están en ámbar intermitente por avaría.

Con todo, tamén hai quen valora o feito de que non se formen tantas reas de coches como cando os semáforos regulan a circulación na encrucillada.

A solución está en marcha. Segundo nos informan do Goberno municipal de Fene, van instalar un grupo semafórico novo, porque este quedou obsoleto, avaríase con frecuencia e só hai reparación artesanal custosa e lenta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade