Cargando resultados...
Patronal e sindicatos do metal acordan unha suba media de 150 euros mensuais para 7.000 traballadores en Lugo

Ademais lograron garantías de revisións salariais a alza se o IPC sobe por riba do 3,5 %
Os sindicatos cren que o acordo é o froito da presión durante a folga
G24.gal
05/07/2023 10:39
Mentres o sector do metal se prepara xa para dúas novas xornadas de folga na provincia de Pontevedra, mañá e o venres, no caso de Lugo, patronal e sindicatos chegaron a un acordo que vai evitar novas mobilizacións.
Os 7.000 traballadores do sector cobrarán unha media de 150 euros brutos máis ao mes. Ademais, lograron garantías de revisións salariais á alza se o IPC sobe por riba do 3,5 %.