Publicador de contidos
Publicador de contidos

Asime anima o sector do metal a entrar na defensa militar para abrir novos mercados

Asime anima o sector do metal a entrar na defensa militar para abrir novos mercados

Enrique Mallón prevé un crecemento relevante no actual escenario xeopolítico

A busca de persoal é o outro gran reto do sector do metal en Galicia

Enrique Mallón, secretario xeral de Asime
G24.gal 02/06/2024 13:43 Última actualización 02/06/2024 14:23

Atraer persoal cualificado e non cualificado, innovar e diversificar son os retos principais do metal galego que pasa por un bo momento cunha carga de traballo do 80 % en 2023. 

O secretario da Asociación de Industrias do Metal (Asime), Enrique Mallón, asegura que neste 2024 hai moi boas perspectivas  para unha industria que é moi ampla e transversal, desde o naval e a automoción ata a eólica mariña ou a aeronáutica.

E no actual contexto internacional, Mallón destaca as posibilidades que se abren na industria galega da defensa, que xa constrúe vehículos militares, ou depósitos para incorporar en tanques ou en fragatas.

"As empresas de Asime vencelladas á industria da defensa están recibindo consultas permanentemente, estamos abraiados coa capacidade de medrar que temos en previsión
"e nestes momentos, onde as nosas industrias están a máis dun 90 % de capacidade, a capacidade de resposta é limitada pero animamos ás empresas galegas a que intenten adentrarse nese mercado internacional porque vai haber moita carga de traballo e moitos proxectos novos".

Xunto á diversificación, o outro gran reto é a falta de traballadores a pesar das 3.000 persoas que se forman cada ano.

Mallón reclama a implicación das administracións públicas para aumentar os programas de formación, adaptalos ás necesidades das empresas e facer do naval un sector atractivo para as novas xeracións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade