Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os traballadores das ITV galegas convocan folgas todos os sábados de agosto

Os traballadores das ITV galegas convocan folgas todos os sábados de agosto

Traballadores de ITV concentrados ás portas dunha das sedes
G24.gal 10/08/2024 15:09

Desde este sábado os traballadores das estacións das ITV galegas estarán en folga cada sábado do mes de agosto. Denuncian que levan case un ano de negociacións para un novo convenio colectivo e non ven ningún progreso.

Os sindicatos consideran insuficientes as ofertas da empresa. En particular, salientan que as subas salariais propostas están moi por debaixo do IPC. Piden tamén que se pechen as instalacións os sábados e se repartan esas horas no resto da semana.

En toda Galicia son 600 traballadores. Desde o comité din que o seguimento está a ser maioritario, E senten as molestias que con esta acción poidan ocasionar aos condutores que tiñan cita este sábado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade