Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece un home tras caer duns quince metros nunha zona de rochas na Coruña

Falece un home tras caer duns quince metros nunha zona de rochas na Coruña

Os bombeiros lograron rescatar a victima inconsciente, pero acabou falecendo no centro hospitalario

G24.gal 10/09/2024 11:14 Última actualización 10/09/2024 12:18

Un home faleceu como consecuencia dunha caída duns quince metros por unha zona de rochas no paseo marítimo da Coruña, informaron este martes os servizos de emerxencias.

O home precipitouse onte á noite por unha zona da rúa Ángel Rebollo, unha área con rochas do paseo marítimo xunto á Domus, e unha testemuña alertou os servizos de emerxencias cara ás 23:45 horas do luns da caída.

Os bombeiros que acudiron á zona lograron rescatar a victima, que permanecía inconsciente, e transportala de urxencia en ambulancia ao Chuac para recibir asistencia.Con todo, acabou falecendo contra as tres da mañá pola gravidade das feridas.  

Esta mañá a policía científica inspeccionou o lugar. Todo apunta a que a que o mozo caeu accidentamente da balustrada do paseo marítimo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade